O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez e o Presidente da Federación Galega de Baloncesto GB, Julio Bernárdez; realizaron unha recepción no Concello de Baiona a Selección Absoluta de Costa de Marfil, combinado que está a vivir na vila mariñeira a súa prepración de cara o Mundial 2023.
O rexidor baionés, a concelleira e o presidente da federación, amosaron a súa hospitalidade á Selección, comandada polo actual Director Técnico desa Federación, o inesquecible para todo o baloncesto galego, Anicet Lavodrama.
A selección de Costa de Marfil será, xa no Mundial, o primeiro rival de Baloncesto España. A cita será o 26 de agosto en Yakarta.