domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaMos consegue unha subvención para dous novos asfaltados en Louredo

Mos consegue unha subvención para dous novos asfaltados en Louredo

- A Xunta concede unha axuda de preto de 51.000 euros para a mellora da seguridade viaria nos Camiños de Cerdeiriñas e Arcal

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, informaron durante a celebración da sesión ordinaria semanal da Xunta de Goberno Local, de que vénlle de ser concedida á administración local mosense unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, da consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para a acometida de Pans de melloras de camiños municipais nos anos 2023-2024; grazas á cal Mos mellorará a pavimentación nos Camiños de Cerdeiriñas e de Arcal, na parroquia de Louredo.

Ambos asfaltados suman un orzamento total de 61.524,14 euros dos cales asume a Xunta, a través da axuda concedida polo Agader, 50.846,40 euros; e o Concello aporta os 10.677,74 euros restantes.

A estimación de execución da obra é de 4 meses.

Cómpre destacar que o Concello de Mos leva a cabo cada ano un Plan Anual Municipal de Asfaltados e Mellora da Seguridade Viaria. O ano pasado acometéronse 20 asfaltados dentro deste Plan Anual Municipal, que sumaron preto de 12 quilómetros asfaltados en total durante 2022.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS