viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsOitenta maiores celebran o "Día dos Avós" en Camos

Oitenta maiores celebran o «Día dos Avós» en Camos

- Un total de 80 xubilados nigraneses disfrutaron da tradicional comida e baile posterior

O Concello de Nigrán festexa hoxe o ‘Día dos Avós’ en Camos (pavillón de Os Barreiros) co xa tradicional almorzo popular e baile posterior. Un total de 80 xubilados nigraneses (o máximo admitido) se apuntaron este ano á cita que cada ano organiza a Concellería de Maiores na efeméride de San Xaquín e Santa Ana. O obxectivo é vivir unha xornada festiva nun ambiente familiar e distendido.

A xornada comezou ás 13:00 horas cun photocall profesional de agasallo e despois almorzaron con empanada de atún, xamón asado e rosca de sobremesa. A continuación, a partir das 16:00 horas, os maiores poderán bailar coa música en directo do dúo ‘La Mecánica’.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS