domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsA residencia da terceira idade en Arbo podería ser unha realidade

A residencia da terceira idade en Arbo podería ser unha realidade

- O Pleno da Corporación aprobaba definitivamente esta maña o Plan Especial de Dotacións para a implantación dun equipamento Sanitario- Asistencial (Residencia da Terceira Idade)

O Pleno da Corporación aprobaba definitivamente esta maña o Plan Especial de Dotacións para a implantación dun equipamento Sanitario- Asistencial (Residencia da Terceira Idade) da parcela de 7000m2, adquirida polo Concello de Arbo no ano 2017, destinada a ubicar a Residencia da Terceira Idade, no barrio da Chan na parroquia de Arbo, unha parcela que, segundo explicou o alcalde, reúne as características idóneas para esta nova dotación asistencial, cuxa compra para o Concello se realizou en condicións de oportunidade e que reúne as características idóneas para esta dotación asistencial.

A parcela conta con boas infraestruturas e próxima a equipamentos públicos fundamentais como o Centro de Saúde, as piscinas municipais, o polideportivo, o campo de fútbol, ​​parques e outras instalacións como farmacia, restaurantes ou estación de servizo. Tamén xa están construídas as vías, así como o resto de equipamentos básicos da urbanización como saneamento, abastecemento, alumeado público e telefonía para que se poida construír o edificio: boas infraestruturas e equipamento público fundamental así como vías de acceso xa construídas.

A residencia da terceira idade ten a consideración dun equipamento público (artigo 35.1.p da Lei 2/2016 de solo de Galicia) polo que foi preciso a aprobación a través dun Plan especial de dotacións e sometido a Avaliación Ambiental, polo que foi preciso exposición o público, publicacións en distintos medios, autorización da Consellería de Medio Rural e Medio Ambiente, da Dirección Xeral de Patrimonio, Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, da Confederación Hidrográfica do Miño Sil así como as modificación necesarias ante o Catastro.

Por acordo da Xunta de Goberno Local de 2 de xullo de 2018 apróbase inicialmente o Plan Especial de dotación para equipamento sanitario asistencial (residencia da terceira idade) na zona da Estación do Concello de Arbo, promovido polo Concello de Arbo trámite que se viu paralizado no ano 2020 pola pandemia e que demorou polo tanto a aprobación do plan especial e a construción da residencia

Aprobado definitivamente o Plan Especial cos informes sectoriais favorables remitirase ao Diario Oficial de Galicia, para a súa publicación por un prazo dun mes, afrontando así o último trámite que permitira ao Concello iniciar o procedemento para a construción da Terceira Idade – manifesta Horacio Gil, rexedor de Arbo – «un paso moi importante para o noso Concello, e non só para a poboación máis anciá, senón tamén porque se poderán crear postos de emprego e facer que Arbo sega crecendo con máis infraestruturas e máis servizos» .

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS