O Concello do Rosal vén de retirar dous símbolos franquistas aínda existentes en elementos patrimoniais do municipio. Así, a través dunha subvención de 585 euros da Deputación de Pontevedra, o Concello eliminou dous escudos situados nun pilar da Ponte de Sandián e outro na Fonte da Lomba.
Sinalou a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que con esta iniciativa buscan “seguir dando pasos para unha sociedade máis igualitaria e democrática que respecte a memoria histórica”.
Os traballos de actuación consistiron no tallado da pedra para eliminar os escudos existentes, deixando as lousas lisas e libre de calquera simboloxía.