sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Gondomar amplía o seu servizo co punto de información...

O Concello de Gondomar amplía o seu servizo co punto de información turística

- O departamento de turismo do Concello de Gondomar amplía o seu servizo co punto de información turística situado no parque de A Feira

Esta oficina prolonga o seu horario con respecto a anos anteriores e permanecerá aberta de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas en horario de mañá e como novidade tamén en horario de tarde de 16:30 a 19:00 horas.

Neste punto de información tanto os visitantes como os residentes disporán de información sobre Gondomar e a sua contorna, ofrecendo un modelo de atención apoiado nas novas tecnoloxías e buscando sempre mellorar o grado de satisfacción de quenes no visitan.

No último ano o Concello de Gondomar ven de facer un gran esforzo pola promoción turística do noso concello, así no mes de xaneiro deste mesmo ano durante a celebración da Feira Internacional de Turismo – FITUR presentouse unha nova guía turística e un novo rueiro que tamén estarán a disposición nesta oficina.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS