viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO PP de Tui apela o dialogo para aprobar os soldos e...

O PP de Tui apela o dialogo para aprobar os soldos e dedicacións

- "O Alcalde tachou de 'indignas' as retribucións que el mesmo aprobou no anterior mandato", di o PP de Tui

O pasado martes 11 de xullo celebrouse o pleno de organización municipal no que se trataron temas como o funcionamento da corporación municipal como a periodicidade da celebración dos plenos, punto que o Partido Popular votou a favor ao concordar coa proposta presentada polo equipo de goberno.

Outro dos puntos importantes que se someteron á votación do plenario foron as dedicacións e salarios dos membros do goberno. «A falta de comunicación e diálogo do Sr. Cabaleiro, a actitude pretensiosa do seu equipo e a falta de coherencia que demostrou coa proposta presentada no pleno, onde se pretendía pasar de dúas dedicacións exclusivas a cinco, desencadeou que ningún dos grupos políticos da oposición votaran a favor da proposta de dedicacións e salarios presentada polo equipo de goberno. Resulta difícil de entender, aínda que moi revelador, que o Sr. Alcalde levase a pleno a aprobación das dedicacións e soldos sen antes chegar a un consenso con algún
grupo político, sendo coñecedor ademais do rexeitamento que estaba a provocar a súa proposta», manifestan dende o Partido Popular de Tui.

O Partido Popular comprometeuse publicamente no pleno «a aprobar as mesmas dedicacións e soldos aprobados no mandato anterior polo Sr. Cabaleiro coa pertinente actualización do IPC. Proposta que, de maneira incomprensible, o Sr. Alcalde calificou de ‘indigna'».


«Desde o equipo municipal do Partido Popular defendemos a transparencia, a xestión responsable dos recursos públicos, así como tamén o diálogo construtivo. O que non estamos dispostos é a aceptar imposicións, polo que apelamos á reflexión e ao
diálogo na procura de consensos amplos que permitan tomar decisións en beneficio do noso Concello», rematan dicindo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS