lunes, septiembre 16, 2024
InicioActualidadeCulturaO folclore internacional resoará e Ponteareas no festival "Danzando entre Culturas"

O folclore internacional resoará e Ponteareas no festival «Danzando entre Culturas»

- Grupos de Galicia, Venezuela, Filipinas e Sudáfrica daranse cita no parque da Feira Vella o vindeiro domingo 23 de xullo ás 22.00 horas

O folclore internacional volve ter unha cita en Ponteareas este mes de xullo. O vindeiro domingo 23 o parque da Feira Vella acollerá unha nova edición do Festival Internacional Algazara ‘Danzando entre Culturas’, un encontro organizado pola Agrupación Folclórica Algazara en colaboración co Concello que reunirá a grupos de diferentes países e continentes que encherán de danza e música a noite ponteareá.


O festival comezará ás 22.00 horas e contará coa presenza e participación de
grupos folclóricos de Venezuela, Filipinas e Sudáfrica, que coas súas actuacións
porán a nota de cor nunha noite na que a música galega tamén estará presente coa
participación da propia Agrupación Folclórica Algazara. A entrada será de balde.


O Concello agradece á Agrupación Folclórica Algazara o seu traballo e implicación
para organizar ano tras ano un festival que busca internacionalizar a música
tradicional e achegar ao público a outros lugares do mundo a través dun festival
atractivo, novidoso e próximo. Nestes 26 anos de historia, a agrupación ponteareá
promoveu a recuperación e difusión do folclore tradicional da comarca do Condado
e de Galicia participando en numerosos festivais por toda España.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS