Tras o éxito da primeira edición coa participación de preto de 1000 persoas, o Clube
Balonmán Cañiza, a Asociación de Comerciantes, Asociación Redecría, a hostalería e o
Concello da Cañiza colaboran e traballan en conxunto en prol da segunda edición do
Entroido de Verán da Cañiza.
Así se xuntaban onte sobre o que será o epicentro do Entroido, a Praza Maior da
Cañiza para presentar oficialmente este evento e por en marcha a conta atrás para a
chegada do sábado 29.
Ás 12:00 terá lugar o Pregón que iniciará de xeito oficial o Entroido de Verán. Nesta
ocasión o Pregón servirá para render unha pequena homenaxe a José Castro, ilustre
deseñador de moda e veciño cañicense, quen tristemente nos abandonou o pasado
mes de xuño. A Charanga SDK será a encargada de por música e alegría na sesión
vermú percorrendo as rúas do centro da vila e todo elo acompañado por unha zona
infantil para os máis pequenos con inchable, pintacaras, xogos e obradoiros.
Tras gozar da gastronomía local nos restaurantes da vila, terá lugar ás 19:00 o gran
desfile do Entroido de Verán co seu correspondente concurso de disfraces no cal se
repartirán premios valorados en 1500€ para as categorías individual e comparsa. Para
participar simplemente é preciso pórse en contacto co 616134560
Para pechar a festa, sesión Dj na Praza Maior coa presenza de Diego Mei, Khris Guez e
Gabryd que farán vibrar, saltar e bailar ao público asistente.