sábado, noviembre 23, 2024
InicioActualidadeCulturaSalvaterra acolle o Son da Muralla, o festival de música electrónica máis...

Salvaterra acolle o Son da Muralla, o festival de música electrónica máis grande de Galicia

- O 5 de agosto o público vibrará coa música de dj’s do panorama nacional e internacional

Dentro do Verán Cultural de Salvaterra de Miño é de sobra recoñecido o festival O Son
da Muralla, un festival dj que cada ano atrae a máis público de toda Galicia. Nesta edición,
e xa van 21 anos, estarán en cabina: Floorfilla, DaniJay, Sara Santini, Marsal Ventura, Dj
Charlie, Jorge Álvarez e Dj Canhon.


O recinto amurallado volve a ser o lugar onde se celebrará o festival que na pasada
edición acolleu a máis de 12.000 persoas. A entrada coma sempre é gratuíta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS