sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO novo Delegado da Xunta en Pontevedra visita Arbo

O novo Delegado da Xunta en Pontevedra visita Arbo

O Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera acompañado da Directora Xeral da Administración Local, Natalia Prieto, visitaron o concello de Arbo o pasado venres, dentro da ronda de visitas institucionais iniciadas a semana pasada

Na súa primeira visita a Arbo, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, mostrou ao novo delegado os proxectos en marcha subvencionados pola Xunta e trasladoulles aqueles nos que poida haber colaboración entre ambas administracións nun futuro.

O Delegado puxose a disposición do rexedor, co obxectivo de seguir executando os proxectos xa iniciados coa Administración Autonómica, así como con todo o que dependa da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

O Delegado da Xunta de Galicia, e a Directora Xeral da Administración Xeral, aproveitaron para visitar ás comunidades de usuarios de aguas de Arbo e comprobar o remate das obra subvencionadas pola Xunta de Galicia. 

 A Xunta de Galicia colabora con estas entidades na mellora da rede de abastacemento e das traídas de auga 

A través das axudas do Plan de acción comunitaria destinadas tamén a asociacións de veciños e de mulleres rurais

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS