viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMos traballa a pleno rendemento na limpeza viaria

Mos traballa a pleno rendemento na limpeza viaria

- "Invístense máis de 211.000 euros nun servizo, o de limpeza viaria, tan necesario e reclamado pola veciñanza durante a tempada estival", di o Concello de Mos

O Concello de Mos conta coas súas brigadas a pleno rendemento traballando no servizo de desbroce, limpeza de cunetas e marxes de camiños. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Servizos Públicos, informaron hoxe de que a administración local mosense conta nestes intres con 20 operarios realizando un arduo labor de limpeza viaria.

A empresa contratada a tal fin aporta 3 brigadas de traballo dotadas de 10 persoas que realizan tarefas manuais máis un camión co seu correspondente conductor. Pola súa banda o Concello de Mos conta coa súa propia brigada de traballadores municipais, dotada de 4 operarios e dous tractores cos seus correspondentes conductores. Así mesmo, a través dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade contratáronse a 2 operarios máis con cargo ás axudas autonómicas para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), e 1 peón forestal con cargo á subvención de Aprol Rural 2023.

En total estanse a investir 211.177,4 euros no servizo de limpeza viaria en Mos que está a ser exhaustivo durante estes meses de verán, nos que a proliferación da maleza crece exponencialmente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS