«O busto atopase en boas condicións e a bo recaudo nas instalacións da policía municipal, e o Concello xa comezou os informes pertinentes para a investigación dos feitos e a reposición ao seu estado inicial do monumento», din dende o Concello de Ponteareas.
«O Concello denuncia este tipo de actos que atentan contra a nosa vila e o que é de todas e todos», manifestan.