domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísA CoruñaA Xunta limpará as marxes da autovía AG-64 e a estrada LU-160

A Xunta limpará as marxes da autovía AG-64 e a estrada LU-160

- Tamén seguirán as tarefas de acondicionamento nas marxes da vía de altas prestacións VG-4.6, que une Cangas e Bueu

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), ao paso por San Sadurniño, e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz.


Tamén continuarán os traballos de roza e limpeza que se veñen realizando nas últimas
semanas, como os que se están a acometer na marxes da estrada autonómica OU-801,
que comunica os concellos de Padrenda e de Ribadavia.


Ademais, na provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións en execución nas
marxes da autovía AG-51, no concello de Salvaterra de Miño; e na VG-4.6, que comunica
os municipios de Cangas e Bueu.


Control de biomasa


Estas tarefas forman parte do novo contrato da Xunta coa empresa pública Seaga para o
control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de
preto de 3 M€ para os dous vindeiros anos.


Os obxectivos dos traballos son o roce de vexetación na zona de dominio público das
estradas autonómicas, así como o acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e
glorietas, ou a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.


O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o
risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da
visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS