viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTumban os soldos do goberno de Tui

Tumban os soldos do goberno de Tui

- Primeiro bloqueo institucional da lexislatura

«O rexeitamento inxustificado por parte da oposición ao novo reparto salarial ten como protagonistas malas prácticas do pasado e irresponsabilidade política».


«Despois da nova situación política en Tui, dende o equipo de goberno asumimos a responsabilidade e compromiso construtivo de dialogar cos distintos grupos que conforman a corporación municipal tudense para poder avanzar na boa xestión do concello. Tras estas
negociacións o día 11 de xullo vivimos un inaudito bloqueo no pleno organizativo. A oposición decidiu rexeitar a proposta salarial presentada a pesar de contar a priori co apoio de C21, tal e como explicou o noso alcalde Enrique Cabaleiro no citado pleno: ‘Tivemos unha reunión onde vostede (voceiro de C21) comprometeuse a respetar a proposta se non se incrementaba a masa salarial'».


«Tras presentar unha proposta que cumpría con estas condicións, o voceiro de C21, José
Palacín, decidiu votar en contra faltando ao compromiso verbal acadado con esta formación».


«Unha falta de responsabilidade institucional acompañada por un novo mercadeo de sillóns na dereita tudense, evidenciando unha vez máis a falta de altura e responsabilidade política».


«A todo isto, uníuselles paradóxicamente o BNG, moi unido á dereita tudense ultimamente, que tras emitir un discurso en favor das condicións dignas de traballo, non xustificou a súa
abstención e non presentou nin argumentou ningún outro reparto salarial alternativo».


«O goberno socialista, consciente da situación dos concelleiros nos distintos equipos formados tras a experiencia de 6 anos dirixindo este concello, interrompidos pola irresponsabilidade anteriormente mencionada, considera fundamental aprobar unha dedicación real e non ficticia para os representantes públicos. Todo isto ten o obxectivo de conseguir que o equipo de goberno poida realizar o seu traballo dunha forma eficaz polo ben das cidadás e cidadáns tudenses. Sin embargo, este plantexamento non contou co apoio da oposición polo que a pregunta é si realmente queren o mellor para Tui ou únicamente buscan o seu rédito político», din dende o PSOE de Tui.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS