viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsRueda avoga en Poio por levar "a política á galega de Alberto...

Rueda avoga en Poio por levar «a política á galega de Alberto Núñez Feijóo» ao resto de España

- Ana Pastor recorda que PSOE sempre votou en contra dos proxectos e emendas que o PP reclamou para os veciños de Poio, como a saída da AP-9 en Portosanto ou a senda entre a Seca e Combarro

O presidente do PPdeG asegurou que o tempo do populismo en España está
esgotado e que é o momento da solvencia e da seriedade do proxecto que
encarna Alberto Núñez Feijóo e que durante anos demostrou en Galicia.


Neste sentido explicou que na súa formación teñen claro que o mellor xeito de
facer unha política útil e escoitando á xente, facendo propostas e ofrecendo
solucións concretas a problemas concretas.


Os galegos, engadiu, non precisan que ninguén lles dea leccións de como
facer xestión nin merecen que se lles siga mentindo con falsas promesas;
senón que necesitan a alguén que, como Feijóo ten demostrado, pase das
palabras aos feitos e poña o foco sobre a cidadanía con compromiso e
responsabilidade.


Rueda subliñou que esta “política galega” é máis necesaria que nunca para
acabar co “ninguneo” do sanchismo a Galicia, materializado en feitos concretos
como o continuo aprazamento da chegada dos trens Avril, a mala xestión dos
fondos europeos ou a paralización da transferencia da AP-9.


Centrándose especificamente na situación do litoral galego, o presidente do
PPdeG afirmou que as políticas impulsadas desde o Goberno central puxeron
en risco máis de 4.000 edificacións ubicadas na costa e que son claves para a
economía e para as familias.


No caso concreto de Poio, serían preto de 80 os damnificados entre empresas,
instalacións deportivas ou mesmo ata colexios: “Falamos de servizos, de
empregos e de edificacións que xa están aí”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS