viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA Xunta otorgou en 2022 cerca de 900 axudas económicas a víctimas...

A Xunta otorgou en 2022 cerca de 900 axudas económicas a víctimas da violencia de xénero

- A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, presentou ante a Comisión 5ª do Parlamento de Galicia, o Informe anual de violencia de xénero 2022, onde fixo fincapé nas achegas que a Xunta concede ás vítimas para que avancen na súa recuperación

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento de Galicia para dar conta do Informe anual de violencia de xénero 2022, onde destacou a continuidade do compromiso da Xunta co apoio económico ás vítimas como “ferramenta imprescindible” para que estas mulleres (900 en 2022) poidan acadar a independencia económica dos seus agresores e avanzar na súa recuperación. A representante autonómica puxo en valor o amplo catálogo de apoios que tanto no eido psicolóxico, como laboral e de intervención pon a comunidade ao dispor destas mulleres e dos seus fillos e que sitúan a Galicia como referente.


A secretaria xeral tivo unha lembranza no inicio da súa intervención para as dúas mulleres
asasinadas en Galicia este 2023 e para o conxunto das vítimas que sofren violencia de
xénero na comunidade, ás que lles recordou que non están soas e que teñen ao seu carón
un Goberno autonómico comprometido na loita contra esta lacra e coa súa protección.


O apoio económico ás vítimas co obxectivo de que dean o primeiro paso para lograr unhas
condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, segue a ser unha
das prioridades do Goberno galego que en 2022 concedeu cerca de 900 axudas de
carácter económico: 571 de pago periódico, coas que estas mulleres perciben ata 800
euros mensuais e durante un período de 12 meses; 315 de pago único, para axudar ás
mulleres con maiores dificultades de inserción laboral; e unha axuda no marco dos apoios
aos fillos orfos desta lacra ou ás mulleres que resultaron gravemente feridas.


Os recursos de acollemento, pola súa banda, deron acubillo a 351 persoas (130 delas,
menores), que accederon a vivendas tuteladas e centros de acollida, ao centro de
emerxencia de Vigo, a vivendas de seguridade para vítimas de trata ou o inmoble tutelado
especializado en mulleres vítimas con enfermidade mental. O Centro de recuperación
integral para mulleres que sofren violencia de xénero, sito en Santiago, atendeu, pola súa
banda, 131 persoas.


Galicia recoñece a asistencia psicolóxica gratuíta para mulleres, menores e/ou persoas
dependentes que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero. En 2022
beneficiáronse destes apoios, concertados co Colexio de Psicoloxía de Galicia, 1.049
persoas, delas 269 menores de idade e 51 con dependencia. “Estamos a ofertar recursos
terapéuticos que axuden ás vítimas a afrontar a situación e a reforzar a súa autoestima,
ademais de ser un apoio na recuperación ou adquisición de habilidades que lles permitan
lograr a autonomía e a integración na vida social e laboral”, destacou Vázquez.


A secretaria xeral puxo en valor tamén o traballo que a Xunta está a exercer con homes
que adoptan conductas inadecuadas coas súas parellas e desexan adquirir novos modos
de comportamento, téndose actuado en 2022 con 119 beneficiarios; ou o traballo con
menores que exercen a violencia de xénero aos que se lles dispensa atención integral, en
colaboración con ALAR Galicia, téndose realizado en 2022 un total de 140 sesións grupais
de traballo con 50 mozos participantes.


No eido da formación e do emprego, Vázquez subliñou que máis dun cento de mulleres
vítimas foron contratadas por 54 concellos grazas ao programa de incentivos da Secretaría
Xeral da Igualdade e outras 26 mulleres grazas ao programa de inserción desenvolvido
coas entidades sen ánimo de lucro.


Vázquez referiuse á posta en marcha en 2022 dun novo protocolo de actuación do Servizo
Galego de Saúde ante casos de sospeita de submisión química na atención primaria e
urxencias como exemplo do traballo transversal que implica a múltiples departamentos da
Xunta na busca da igualdade e a loita contra todas as violencias sexuais.


Para a secretaria xeral da Igualdade, supón un avance para a resposta institucional ante
as vítimas, que se teña renovado o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, “un
instrumento eficaz para coordinar as políticas de combate contra esta lacra social” e un
“eixo prioritario” para a Administración autonómica, que aumentou o seu orzamento para
reforzar e ampliar os recursos para as vítimas neste 2023 nun 14% ata os 20,5M€.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS