viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaIniciadas as obras de humanización na carretera provincial Mos-Puxeiros

Iniciadas as obras de humanización na carretera provincial Mos-Puxeiros

- A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal e técnicos da Deputación de Pontevedra, visitaron e supervisaron esta mañá os recentemente iniciados traballos correspondentes ao proxecto de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal e técnicos da Deputación de Pontevedra, visitaron e supervisaron esta mañá os recentemente iniciados traballos correspondentes ao proxecto de humanización da Estrada Provincial Mos-Puxeiros.

Trátase da primeira fase da obra de ‘Mellora da seguridade viaria e peonil da EP – 2601 Mos – Puxeiros’.

Para a acometida deste proxecto cóntase con convenio entre Deputación e Concello de Mos, que financiarán a obra en un 70% e 30% respectivamente.

O proxecto da segunda fase desta humanización, beneficiará ao tramo que transcorre pola parroquia de Dornelas.

A primeira fase da humanización, transcorre pola parroquia de Mos no tramo desde o cruce coa estrada nacional 550, no punto quilométrico 0+020, ata o cruce co colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, no punto quilométrico 0+600. Ademais desde o Concello destácase a importancia de que desde a administración provincial se aceptase a proposta municipal de recuperar tamén o antigo tramo da estrada provincial que transcorre por diante do Cristo da Esperanza e que vai desde a N500 ata a Pesqueira.

A obra conta cunha financiación ao 30% municipal e 70% provincial e estará rematada antes de que finalice o presente ano 2023.

As accións que se levarán a cabo no vial son basicamente as seguintes: mellora da mobilidade peonil mediante creación da senda. Adaptación da drenaxe á nova aliñación proxectada. Execución dos servizos urbanos necesarios: soterramento de iluminación, rede eléctrica e de telecomunicacións. Execución do pavimento da nova ordenación utilizando xabre, formigón, lastra, baldosas e laxas de pedra. Reforzo do firme da calzada no vial municipal mediante fresado e reposición da capa de rodadura. Reinstalación da sinalización vertical e horizontal adaptada á nova ordenación do ámbito e instalación de mobiliario urbano.

A obra require de actuacións previas e movemento de terras. Os traballos comezáronse coa retirada dos elementos de superficie: sinais e postes, para poder continuar posteriormente coa demolición dos pavimentos existentes que corresponda. Unha vez realizada a demolición dos pavimentos referidos, previo corte lonxitudinal con disco, e xerado o sobreancho necesario para a nova sección, procederase ao saneo do terreo mediante o caixeado necesario para poder executar posteriormente o novo paquete de firme deseñado. En canto á drenaxe, debido á solución proxectada será preciso adaptar a drenaxe superficial á nova aliñación do vial. A auga superficial será recollida pola reixas e sumidoiros contiguos ao viario que conducirán a auga, a través de tubaxes ata os puntos de vertedura.

Renovarase por completo a iluminación do vial, mediante o soterrado da liña e a instalación de novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede. A maiores, aprovéitase a actuación para executar a canalización dos servizos de electricidade e telecomunicacións. 

O importe o que se refire a presente actuación ascende a un orzamento total de 446.545,39 €. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras son financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello de Mos mediante a achega da Deputación de Pontevedra 312.581,77 € (70%) e Concello de Mos 133.963,62 € (30% do importe das obras).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS