A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a tres anos de cárcere e ao pagamento dunha multa de 8.720 euros a un veciño da cidade que se desprazaba, xeralmente, en patinete para vender substancias estupefacientes a diferentes consumidores, previa conversación telefónica. Ademais, condenou á mesma pena a unha muller que convivía con el e que, segundo a sentenza, “participaba na adquisición e distribución das substancias”.
O tribunal tamén lle impuxo ao fillo do procesada tres anos de prisión e o abono da mesma multa, pois tiña no seu domicilio substancias estupefacientes destinadas á venda a terceiros. “As resolucións cuestionadas revisten todos os presupostos necesarios para que poidan considerarse validamente adoptadas, atopándose debidamente motivadas polo instrutor”, indica a Sala na sentenza.