lunes, septiembre 16, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoXa estan abertas as inscricións para a 15k do Atlántico

Xa estan abertas as inscricións para a 15k do Atlántico

- Terá lugar o 1 de outubro e as inscricións están xa abertas en www.bancomediolanum15kseries.com

Dende o 10 de Xullo, están xa abertas as inscricións para poder participar na 15K do
Atlántico – Banco Mediolanum, un evento deportivo que terá lugar o 1 de outubro entre os
Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda con dúas modalidades de participación, mini 15k de
7,5km e 15k de 15km.


A prova cumpre a súa décima edición este ano e por iso a organización conta con novidades e sorpresas para todos e todas as participantes.


A primeira novidade é que para que poida participar moita máis xente, este ano haberá
unha distancia intermedia de 7,5 km con saída e chegada en Portecelo(O Rosal). Ademais
durante o percorrido contarase con animación a cargo de grupos e charangas.


Lembrar que a 15K do Atlántico ten un espectacular percorrido entre Oia e A Guarda,
pasando polo Concello do Rosal, e bordeando sempre as augas do Atlántico, espectador de
luxo deste evento deportivo.


A cita, que nesta ocasión será o 1 de Outubro, foi medrando ano tras ano, superándose os
600 atletas chegados de toda Galicia, norte de Portugal e do resto da Península.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS