Os traballadores e as traballadoras do sector do metal da provincia de Pontevedra decidiron ir un paso máis alá nas súas reivindicacións e anunciaron a convocatoria dunha folga indefinida a partir do vindeiro martes 18 de xullo. Suspenderon as dúas xornadas previstas para o mércores 12 e o xoves 13.
En Si Radio de Galicia falamos con Xulio Fernández, representante do sindicato CIG. Podes escoitar a entrevista completa aquí: