A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, avogou hoxe por reforzar a colaboración coas entidades para conseguir a plena integración das persoas con parálise cerebral. Así o sinalou tras visitar o centro residencial e de día de Apamp, e de reunirse con responsables de Aspace, organizacións que traballan neste ámbito da atención á discapacidade.
Begoña Abeijón destacou os avances feitos nos últimos anos en servizos dirixidos ás persoas con discapacidade, coa creación de máis prazas públicas en residencias e centros de día, a posta en marcha de novas liñas de axuda para a construción ou mellora dos centros das entidades e a renovación das súas flotas de vehículos adaptados, entre outras medidas.