viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsEmpresaA Xunta cede o Concello de Lugo os espazos publicos da terceira...

A Xunta cede o Concello de Lugo os espazos publicos da terceira fase do polígono das Gándaras

- A semana pasada Xestur adxudicou neste mesmo ámbito 4 parcelas a 3 empresas por un importe total de 234.900 €, descontada xa a bonificación do 50%

A Xunta de Galicia cedeu hoxe ao Concello de Lugo máis de 20.300 metros cadrados de espazos públicos localizados na terceira fase do parque empresarial das Gándaras, unha vez rematados os traballos de urbanización nesta zona por parte de Xestur.


A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a rexedora municipal, Lara Méndez, formalizaron a cesión esta mañá coa sinatura ante notario das escrituras correspondentes a tres rúas, unha zona de reserva viaria e unha praza pública, cuxo elemento principal é a garita de vixilancia do antigo polvorín, unha construción histórica que foi trasladada pola Xunta con motivo das obras e reconstruída na súa localización actual.


Todos estes espazos pertencen á fase III de desenvolvemento do polígono lucense, na que preto do 65% das 25 parcelas dispoñibles xa están vendidas ou reservadas, tal e como subliñou a vicepresidenta segunda. De feito, indicou que a semana pasada o consello de administración de Xestur acordou adxudicar 4 parcelas a 3 empresas por un prezo de venda total de 234.900 euros, descontada xa a bonificación do 50% que aplica a Xunta neste parque.


En concreto, as empresas adxudicatarias destinarán estes terreos a almacenamento de
maquinaria e materiais relacionados co sector da construción; a transporte e distribución
de gasóleo; e a un taller para a transformación de pedra, mármores e derivados e almacén
de granitos, cuarzos e porcelánicos —2 parcelas neste caso—.


Deste xeito e tras as últimas adxudicacións realizadas por Xestur, Vázquez Mejuto
explicou que das 25 parcelas existentes na terceira fase das Gándaras tan só quedan 9
dispoñibles, uns datos que, indicou, demostran o “atractivo e interese” que segue espertando esta área industrial pola súa “localización privilexiada” e a función que exerce
como “polo económico” para a provincia e o conxunto da Comunidade.


Neste sentido, a vicepresidenta segunda reiterou o compromiso do Goberno galego con
esta área empresarial e o seu crecemento, a través tanto das bonificacións aplicadas no
prezo de venda das parcelas dispoñibles como da súa aposta por continuar habilitando
máis solo industrial urbanizado e con todos os servizos nesta zona.


Tras indicar que a Xunta segue traballando nas futuras ampliacións das Gándaras,
Ángeles Vázquez avanzou que este mesmo ano o seu departamento ten previsto licitar as
obras de urbanización correspondentes ás fases IV, V e VII-a, que suman case 220.000
metros cadrados e garantirán a continuidade deste parque, permitindo o asentamento de
novas empresas en Lugo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS