lunes, septiembre 16, 2024
InicioActualidadeDeportesO surfista coruñés Dani Souto, campión de Europa

O surfista coruñés Dani Souto, campión de Europa

- O surf galego conta cun novo campión de Europa: Daniel Souto consigue o título continental en Valdomiño, na categoria V2 (Visión baixa parcial)

O surf galego vén de acadar un novo fito no panorama internacional. Nesta semana que vén de concluír o surfista coruñés Daniel Souto procalmouse campión de Europa na categoría V2 -visión baixa parcial- no Campionato de Europa de surf adaptado celebrado en Valdoviño.

Daniel Souto perdeu visión por mor dun cancro. Esta mesma semana a Asociación Internacional de Surf (ISA) certificou a súa presenza na categoría V2 para a súa participación no Campionato de Europa de surf adaptado organizado pola Federación Europea no Concello de Valdoviño, onde conseguiu o primeiro lugar.

Trátase dun éxito sen precedentes do surfing galego que reafirma a Daniel Souto como un dos surfeiros da modalidade con máis potencial a nivel mundial. De feito, o galego conta con moitas posibilidades para lograr o ouro no mundial que celebrará en California nas vindeiras datas.

O surf adaptado galego conta cun grande nivel nacional e internacional. En 2021, outro coruñés, Carlos Dopico, convertiuse no primeiro campión de surf adaptado galego da historia tras acadar a vitoria no Campionato de España de surf adaptado celebrado en Nigrán pola Federación Galega de Surf.

O éxito europeo de Daniel Souto non é o primeiro triunfo continental acadado por un deportista galego. Sen ir máis lonxe, no último Europeo de SUP disputado en Dinamarca, Guillermo Carracedo proclamouse campión continental de SUP Ondas e Esperanza Barreiras adxudicouse o Campionato de Europa de longa distancia e o subcampeonato continental na carreira de praia.


Parte de responsabilidade destes éxitos do surf galego correspóndelle á Federación Galega de Surf e o seu Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado (NADE) que contribúe a identificar e reter o talento deportivo que se atopa diseminado polos clubs do territorio da Comunidade Autónoma e traballar nas futuras metas dun deporte que xa é olímpico dende os pasados Xogos de Toquío da man do seu coordinador Coque Araújo. ‘Calidade Surfing’ representa o interese estratéxico do surf galego, encamiñado á participación dos deportistas galegos en xogos olímpicos ou paralímpicos, campionatos do mundo, campionatos de Europa e outras competicións internacionais de máximo nivel.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS