lunes, septiembre 16, 2024
InicioActualidadeDeportesMorre Luís Suárez, único balón de ouro español

Morre Luís Suárez, único balón de ouro español

- A Xunta lamenta profundamente o pasamento de Lis Suárez, "o mellor futbolista de todos os tempos"

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, en nome de todo o Goberno galego, lamentou profundamente o pasamento de Luis Suárez Miramontes, ao que definiu como, “o mellor futbolista galego de todos os tempos”. Neste sentido, o titular do Goberno autonómico enviou unha mensaxe de ánimo e apoio a todos os seus achegados e a todo o fútbol galego.


Alfonso Rueda lembrou a grandeza da figura de Luis Suárez ao ser o primeiro e único
balón de ouro español, que conseguiu no ano 1960. Do mesmo xeito, o presidente sinalou
que se hoxe contamos cunha selección española con acento galego -como demostran as
convocatorias de Iago Aspas, Borja Iglesias ou Joselu Mato- débese ao traballo e ao
esforzo duns pioneiros como Luis Suárez. Amancio Amaro, Severino Reija, Marcelino
Martínez e José Armando Ufarte que contribuíron ao primeiro grande éxito da selección
española: a Eurocopa de 1964. Ademais, cómpre sinalar a traxectoria de Luis Suárez que
xogou no Deportivo de la Coruña, no Fútbol Club Barcelona e foi un dos primeiros
futbolistas galegos en triunfar no estranxeiro, no Inter de Milán. “Despedimos a un galego
referente do fútbol internacional que marcou o camiño de moitos futbolistas galegos e
españois que viñeron despois”, dixo.


Rueda fixo fincapé na importancia dos logros de Luis Suárez e destacou como a
exposición ‘Valor e Mestría: Galicia como fútbol’ na Cidade da Cultura de Galicia fixo
posible que todos os galegos puidesen contemplar o balón de ouro de Luis Suárez. O
coruñés recibiu a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia en Pontevedra no ano
2011, o primeiro ano no que foron concedidas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS