viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño recibirá un millón de euros para levar a cabo a rehabilitación...

Tomiño recibirá un millón de euros para levar a cabo a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e implementar melloras na contorna

- O proxecto, que terá un custe de 1,3 millóns de euros, suporá a integración total dos equipamentos a través do espazo público

Tomiño vén de conseguir unha subvención dun millón de euros do PON2030, un plan extraordinario da Deputación de Pontevedra co que se busca transformar os concellos para seguir avanzando na execución da Axenda 2030. A través do proxecto beneficiado, denominado ‘Integra Tomiño’, o Concello levará a cabo a rehabilitación enerxética da Casa
da Cultura e implementará melloras no espazo público de toda a contorna.


Dentro do proceso de avaliación dos proxectos presentados, a proposta de
Tomiño acadou a oitava mellor puntuación entre as 40 iniciativas finalmente
subvencionadas. Deste xeito, o Goberno municipal continuará transformando
Tomiño para convertelo nun concello máis sostible a través desta axuda que
“representa un importante impulso para o desenvolvemento e revitalización do
municipio”.


Cun investimento total de 1,3 millóns de euros, o proxecto ‘Integra Tomiño’ non
só abarcará a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura, senón tamén a
mellora e acondicionamento de todo o espazo adxacente situado diante do
edificio de Benestar Social, na rúa República Arxentina e na vía situada tras a
Casa de Cultura, ata o Centro de Día. A proposta busca a integración de
equipamentos a través do espazo público co obxectivo de crear unha contorna
cohesionada e funcional para desfrute da veciñanza.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosou a súa satisfacción “por este
importante investimento no noso concello, que nos permitirá levar adiante un
proxecto que mellorará e modernizará a infraestrutura existente e creará un
espazo máis accesible e atractivo para a veciñanza”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS