viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas da por perdidas as axudas ao deporte do ano 2022

Ponteareas da por perdidas as axudas ao deporte do ano 2022

- A alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Deportes, Francisco Represas, mantiveron unha reunión cos clubs e entidades deportivas da vila

O Goberno municipal reafirmou o seu compromiso co deporte ponteareán na reunión de presentación entre alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Deportes, Francisco Represas, e todos os clubs e entidades deportivas de Ponteareas.


Durante o encontro a rexedora transmitiu a todas as persoas presentes a aposta do
Goberno municipal por impulsar todas as políticas relacionadas co deporte, facendo
especial fincapé na mellora das instalacións deportivas municipais. Nava Castro
sinalou que “Ponteareas sempre foi un referente para o deporte e iso non podemos
perdelo, todo o contrario. Temos que reforzalo poñendo a disposición dos nosos e
das nosas deportistas e dos clubs uns recursos axeitados que respondan ás súas
necesidades”.


Pola súa banda, durante o encontro o concelleiro Francisco Represas informou que se tentarán resolver de forma prioritaria as axudas para gastos de funcionamento convocadas a inicios deste ano 2023, unha liña de axudas por un importe total de 75.000 euros imputada ao orzamento do ano en curso. “Estas subvencións non corresponden ao orzamento do 2022, como afirmou o anterior goberno municipal, o que significa que os clubs perderon as axudas previstas para o ano 2022 por unha grave falta de xestión”, recalcou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS