viernes, noviembre 22, 2024
InicioNews🔴 Luis López toma hoxe posesión do cargo de presidente da Deputación...

🔴 Luis López toma hoxe posesión do cargo de presidente da Deputación de Pontevedra

- O popular Luis Lopéz releva á socialista Carmela Silva como presidente da Deputación, que constitúe hoxe a súa nova corporación

Nova etapa para a Deputación de Pontevedra con Luis López como presidente. O Salón
de Plenos do Pazo, totalmente ateigado de público, vén de acoller a sesión constitutiva da
Corporación Provincial nun acto no que as/os 27 deputadas/os electas/os xuraron e
prometeron os seus cargos e quedou fixado o equipo que se encargará de rexer o rumbo
da provincia nos vindeiros catro anos. “Teño a intención de gobernar esta institución
pensando e atendendo aos 61 concellos da provincia, sen importar o signo do seu
goberno político e centrándonos exclusivamente no benestar da cidadanía da provincia”
remarcou o xa presidente da Deputación no acto de toma de posesión do seu cargo no
que deixou plasmada a folla de ruta do novo goberno.


O pontevedrés Rafa Domínguez e a viguesa Marta Fernández-Tapias serán os
vicepresidentes da Deputación e o resto do equipo estará integrado por Jorge Cubela,
María Ramallo, Alejandro Lorenzo, Roberto Carrero, Nava Castro, José López, Jesús
Vázquez Almuíña, Isabel Couselo, Javier Tourís, Marcos Guisasola e Sandra Bastos. “Un
equipo de goberno moi potente, con xente con liderado, capacidade de traballo,
coñecemento político e cercanía social”, remarcou o presidente que tomou posesión do
seu cargo cunha “grandísima honra e co máximo orgullo, pero tamén con absoluta
humildade e con toda a responsabilidade por estar á altura do que precisan os 61
concellos da provincia e os 943.000 cidadáns que residen nela”. Os municipios – incidiu-
“son a alma desta institución e a eles e por eles dirixiremos toda a nosa acción de
goberno”, “son as administracións ás que nos debemos e ás que temos que servir e
atender”. De feito, reivindicou a necesidade de “coidalos máis. Desde este goberno
provincial imos tratar de coidalos máis”.

https://youtu.be/LqZtKNtvkX4

Tamén tivo palabras para lembrar aos ex presidentes aos que recoñeceu o seu traballo e
ante os que se comprometeu a “seguir buscando, incansablemente, o avance e progreso
da nosa provincia da man dos concellos”. Neste aspecto adiantou que o goberno
provincial traballará a prol da igualdade real e efectiva, do medio ambiente e do coidado
do planeta; apostará pola demografía “nun territorio cada vez máis envellecido que
precisa de máis e mellores accións e políticas de conciliación para tratar de reverter esta
situación”; potenciará a cultura e a lingua; impulsará a promoción económica, a xeración
de riqueza, o asentamento de empresas e creación de emprego; promoverá a mellora,
mantemento e investimentos das infraestruturas; recuperará os apoios ás asociacións e
colectivos veciñais, sociais, musicais, culturais, deportivos e, entre outras, sociosanitarios
e impulsará políticas sociais, turísticas, deportivas, de cooperación, de xuventude, no
ámbito das relacións fronteirizas, do medio rural ou do mar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS