jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsDetido por causar danos a máis de 70 coches en Cambados

Detido por causar danos a máis de 70 coches en Cambados

- O detido danou un total de 75 vehículos, danos consistentes en picadas de rodas, ademais de raiar e lanzar pintura e decapante aos vehículos estacionados na vía pública

O día 4 de xullo, a Garda Civil de Cambados procedeu á detención do suposto autor de danos consistentes en picadas de rodas, ademais de raiar e lanzar pintura e decapante, afectando a 75 vehículos estacionados na vía pública da citada localidade.


A primeira denuncia por estes feitos, presentouse con data 06/06/2.022, e a última con data 12/06/2023.


Estes feitos causaron na poboación de Cambados, en concreto nos veciños do centro urbano, unha gran alarma social pola repetición dos mesmos.


Iniciada a investigación, non se aprecia ningún patrón ou relación nos diferentes feitos denunciados, e non hai ningunha testemuña destes episodios.


Os dañosos están focalizados en vehículos estacionados no centro urbano de Cambados, con maior incidencia na rúa Los Olmos, e as investigacións realizadas permiten finalmente situar no lugar dos feitos a un vehículo de pequeno tamaño de cor vermella, que puidese tratarse dun Toyota modelo Yaris ou un Hyundai modelo I 20, decantándose os investigadores por este último, polo que realiza un cribado deste modelo en toda a provincia, ou que teña algunha relación coa localidade de Cambados.

Froito da investigación chégase a determinar como un dos usuarios dun vehículo destas características, ao que se lle sitúa no lugar dos feitos os días e horas en que se producen os mesmos, con residencia en Padrón e que se despraza ex profeso a Cambados a altas horas de madrugada, a fin de cometer os danos nos vehículos estacionados, regresando acto seguido ao seu domicilio en Padrón.

Finalmente, culminada a investigación procédese á detención dun home de 46 anos idade veciño de Padrón, como presunto autor de 75 delitos de danos, quen foi posto ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS