A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou esta mañá a importancia que ten o Bono Concilia Familia para facer máis doado compaxinar o traballo e o coidado dos fillos durante as vacacións escolares. Díxoo durante unha visita a granxa escola O Kiriko en Fornelo de Montes.
Fabiola García lembrou que desde hoxe e ata o vindeiro 15 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas do Bono Concilia Familia, antes denominado Bono Coidado. Trátase dun apoio económico de ata 500 euros para facer fronte aos gastos dun coidador no fogar ou tamén dun servizo de conciliación, como pode ser un campamento de verán ou unha ludoteca.
O Goberno galego destina 1,5 millóns de euros a esta medida que xa o ano pasado
multiplicou por cinco as axudas concedidas, superando as 5.000. O Bono Concilia Familia
está pensado para pais con fillos de ata 12 anos de idade e as solicitudes pódense realizar
a través da sede electrónica da Xunta .