viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA especialidade de carpintería do Obradoiro Municipal de Emprego traballa na posta...

A especialidade de carpintería do Obradoiro Municipal de Emprego traballa na posta a punto dos colexios de Mos

- Comezarán a semana que vén a traballar nos centros, nos que actuarán durante xullo e agosto

Os/as alumnos/as traballadores/as da especialidade de carpintería
do Obradoiro Municipal de Emprego do Concello de Mos ‘Queda en Mos’
(subvencionado pola consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de
Galicia), que xa colaborou coas feiras da educación (FormaMos) e da
hostalería (BaRes Mos) construíndo os stands para sendos eventos (entre
outras moitas iniciativas), traballa agora na elaboración de dotacións para
os cinco colexios públicos do municipio, os CEIPs de Atín-Cela, Mestre
Martinez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda,
Pena de Francia e Petelos. Así o informou hoxe a concelleira de Educación
e Emprego, Julia Loureiro, quen anunciou tamén que a vindeira semana
comezarán os labores de instalación de elementos e reparación e
mantemento de carpintería dos centros educativos. Labores que se
prolongarán durante os meses de xullo e agosto, co obxectivo da posta a
punto das instalacións educativas de cara ao inicio do curso escolar en
setembro.


Entre outras actuacións en todos os 5 centros, no Colexio de Pena
de Francia actuarase no esceario, construíndo de novo tanto a estrutura
como o mesado, cunhas dimensións de 3,30×7,80 m, e altura 60 cm.
Tamén instalarase o novo chan para o que xa se dispón o material a
colocar.


No Colexio de Castro-Mos construirase e instalarase unha nova
cabana de madeira no exterior e realizaranse reparacións na cabana xa
existente. Así como vernizar o valo exterior tanto da nova caseta como da
caseta preexistente. Porase tarima na entrada (50 m²) suplementándoa en
1 cm.


No Colexio de Atín-Cela porase tamén tarima (50m²) e rodapé.
Instalarase unha rampa para salvar 3 chanzos. Darase aceite de linaza ao
areneiro. Lixaranse e vernizaranse 6 mesas da biblioteca, e pintánselles as
patas de branco. Tamén pintarán as patas metálicas dos taburetes da
biblioteca.

No Colexio de Petelos desmontarase o escenario, instalarase chan
de tarima (115m²) e rodapé; e unha estantería de 240x120x30 cm.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS