O Concello da Guarda, a través da Concellería de Deportes, organiza este xoves día 6 de
xullo ás 19:30h unha recepción oficial ao deportista local Álex Sierpes, integrante da
Sociedade Atlética do Trega e actual Campión de España nos 1500 metros obstáculos en
pista ao aire llibre na categoría Sub 16.
A traxectoria deportiva de Álex Sierpes é digna deste recoñecemento, polo seu esforzo,
traballo e sacrificio ao longo destes anos, no cal tivo unha evolución imparable no mundo
do atletismo.
O Concello da Guarda convida a toda a cidadanía a participar nesta recepción, a un
deportista que leva o nome da Guarda alí onde compite, e que estará acompañado dos seus familiares, compañeiros e compañeiras do seu clube, autoridades locais e demais
convidados.