viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA compañía Trémola Teatro desembarca en Tomiño

A compañía Trémola Teatro desembarca en Tomiño

- A compañía trae este xoves 6 á Praza da Mina un espectáculo de narración oral para todos os públicos. Será ás 19.30 h de balde

Trémola Teatro desembarca esta semana en Tomiño co seu espectáculo ‘En busca dos monstros’, un contacontos pensado e deseñado para todos os públicos nos que falar dos medos infantís e a súa superación. Será este xoves 6 de xullo ás 19.30 horas na Praza da Mina con entrada de balde.


As e os espectadores poderán desfrutar dun espectáculo de narración oral a
través do que a pequena Paula, a súa protagonista, decide que cando sexa
maior converterase nunha audaz exploradora para ir na procura duns monstros
que aos que lle ten medo.


A través dunha interesante viaxe, Paula pasará por diferentes países nos que
se contarán contos con temática “monstruosa” ata chegar ao lugar no que
realmente habitan para aprender a deixar de terlles medo.


Trémola Teatro é unha compañía creada no ano 2017 por Paula Regueiro e
Lucía L. Golán, dúas profesionais das artes escénicas que se coñeceron na
Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Unha curta traxectoria
percorrendo gran parte da comunidade de Madrid e Galicia que lles valeu ser
gañadoras do 2º Premio Xuventude Crea 2018 na disciplina de teatro.


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida a toda a veciñanza a
participar nunha nova actividade da axenda de verán municipal, “unha
programación moi completa, repleta de actividades para todos os gustos e
idades coa que veciñanza e visitantes terán a oportunidade de gozar de
experiencias únicas”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS