viernes, abril 11, 2025
InicioNewsToma posesión o novo director da Axencia de Turismo de Galicia

Toma posesión o novo director da Axencia de Turismo de Galicia

- O presidente da Xunta destaca "que o seu coñecemento e traballo contribuirán a que esta actividade siga sendo o mellor escaparate da marca Galicia e lembra a xestión e dedicación amosadas durante estes anos pola súa predecesora, Nava Castro"

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá á toma de posesión do novo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, do que resaltou a súa experiencia como a mellor garantía para que o sector siga dando alegrías na comunidade debido aos 24 anos de experiencia que lle avalan neste departamento.


Nesta liña, Rueda definiu a Merelles como unha “persoa colaboradora, leal e moi
traballadora que coñece o oficio de sobra e sabe adaptarse ás circunstancias”,
características imprescindibles para poñerse á fronte dunha actividade que supón o 13%
do PIB galego e representa o escaparate por antonomasia da marca Galicia, con
emblemas como o Camiño de Santiago e o Xacobeo.


Así mesmo, o presidente da Xunta tamén destacou retos futuros como a consolidación dun
turismo sostible e de calidade e o mantemento dun listón que está cada vez máis alto, en
relación ás cifras récord acadadas o pasado Ano Santo. “Chega unha persoa que se ten
que facer cargo de seguir batendo récords con sentidiño e de mimar ao sector para que
nos siga dando moitas satisfaccións”, asegurou.


Con todo, o titular do Executivo galego asegurou que Galicia está de moda tal e como
referendan os datos de visitantes que chegaron á comunidade no que vai de ano. Así, a
pesar de non ser Xacobeo, constatouse un 15% máis de viaxeiros que no mesmo período
de 2022, o que se traduce en 1,5 millóns de persoas e 180.000 compostelas.
Durante a súa intervención, o titular do Executivo galego tamén quixo agradecer o traballo
levado a cabo pola súa predecesora, Nava Castro, poñendo en valor a súa capacidade de
xestión e dedicación durante todos estes anos como unha “magnífica directora”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS