sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasCase medio milleiro de  persoas visitaron, dende o mes de marzo, o...

Case medio milleiro de  persoas visitaron, dende o mes de marzo, o Castelo de Dona Urraca

- O castelo de dona Urraca, que alberga o museo da ciencia do viño e o punto de información turística municipal, fai balance dos primeiros meses do ano

O Castelo de Dona Urraca ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Ademais, este espazo de divulgación vitivinícola vese complementado coa inclusión do Punto de Información Turística no interior do Castelo de Dona Urraca, xa que son moitas as demandas de información que o municipio de Salvaterra de Miño recibe acerca dos seus senlleiros recursos turísticos.

Case medio milleiro de  persoas visitaron, dende o mes de marzo, o espazo arquitectónico máis representativo de Salvaterra de Miño, o Castelo de Dona Urraca. Prevese triplicar estas cifras durante a época estival. Ademais, as previsións para este outono son moi optimistas xa que o museo conta con numerosas reservas de grupos vindos de diferentes puntos de toda a península.

O elevado volume de visitantes que se achegan ó Castelo de Dona Urraca reflicte o gran interese que o municipio esperta pola variedade e riqueza dos seus puntos turísticos.

O Castelo de Dona Urraca, que alberga o Museo da Ciencia do Viño e tamén o Punto de Información Turística, está aberto de mércores a domingo, no seguinte horario de atención ó público: de 11h a 14h e de 17h  a 19h

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS