A candidata ao Congreso, Ana Pastor, anunciou esta mañá que “o
PP ten un compromiso de 27M€ para as infraestruturas máis importantes que
necesita Ponteareas, como son a circunvalación e melloras na N-120”. Foi durante
o encontro que mantivo con representantes da Plataforma N-120, na que tamén
participaron os candidatos populares ao Senado, Nidia Arévalo e Andrés
Sampedro, así como a alcaldesa, Nava Castro.
Pastor recordou que ese compromiso é real, porque xa o cumpriu cando o PP
gobernaba, con proxectos e reservando 27 millóns nos Orzamentos Xerais do
Estado, pero que Pedro Sánchez incumpriu en canto chegou ao Goberno. “Non hai
dereito a que nestes cinco anos de Goberno de PSOE e Pedro Sánchez non se
fixera absolutamente nada nesta estrada nacional. O PP deixou proxectos en
marcha e cantidades asignadas nos orzamentos xerais, e non fixeron nada”,
denunciou. Ademais, a popular recordou que os deputados do PP presentaron
cada ano emendas aos orzamentos para incluír partidas para estes proxectos, “e a
todos estas propostas, o PSOE sempre votou en contra”.
Por iso, di que a única garantía para que estes proxectos sexan unha realidade é
que Feijóo sexa o próximo presidente de España. “Si a cidadanía nos dá o seu
apoio, regresaremos de inmediato a Ponteareas para ver o inicio destas obras tan
necesarias”, asegurou. “O PP preocúpase polos problemas das persoas. Fixémolo
cando estabamos no Goberno, e Feijóo volverá a facelo a partir do 23 de xullo.
Non se pode deixar aos veciños sen solucións”.
Tamén José Luis Campos, en representación da Plataforma N-120, recordou que
co Partido Popular no Goberno central reserváronse 27 millóns de euros para a
circunvalación e para a reforma da estrada nacional, e por iso reclama “retomar o
diálogo e recuperar esa cantidade para os orzamentos xerais do Estado.
Queremos evitar máis accidentes e máis mortes”.
Unha problemática á que se referiu Andrés Sampedro, veciño de Ponteareas e que
concorre na candidatura do PP ao Senado. “É urxente dárlle solución a unha
problemática que sufrimos desde hai anos. Esta nacional soporta un tráfico
intenso, cunha media de 17.000 vehículos diarios e cunha poboación moi
importante a pé de estrada. Levamos cinco anos perdidos. Co PP había proxecto e
orzamento, e cinco anos despois non temos nada”.
Por último, Nidia Arévalo afirmou que “hoxe non hai unha nova estrada segura en
Ponteareas porque Sánchez chegou ao Goberno e o PSOE se encargou de
paralizado”. Fronte a isto, engadiu, “Feijóo coñece de primeira man esta estrada e
a súa perigosidade. O compromiso é real”.