Os paneis apareceron destrozados, totalmente arrincados ou con rachaduras feitas cun coitelo ou obxecto cortante.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresaba o seu malestar tras o achado desta
acción que: “Condenamos firmemente, pois estes actos alteran e enturbian os elementos públicos, de memoria histórica ou de igualdade de xénero. Como é o caso da exposición Conquistadoras, unha mostra que representa o compromiso deste Concello con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”.
A rexedora local explicaba que “os paneis serán repostos o máis rápido posible e tomaranse as medidas necesarias como xa fixemos cos actos vandálicos contra o monumento aos asasinados no Alto de Concheira”.
“Achegamos á veciñanza anacos da historia de Redondela e de Galicia a través de estes paneis representativos de mulleres capaces de sobrepoñerse a todo tipo de adversidades e manteremonos firmes na nosa loita por defendelas e divulgar o seu papel na historia”, concluía Rivas.