sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsA Xunta e Stellantis apostan pola FP dual coa posta en marcha...

A Xunta e Stellantis apostan pola FP dual coa posta en marcha de tres proxectos con case 40 prazas en Vigo

- Con estes acordos confírmase a aposta da Xunta pola FP e Vigo que, xunto coa súa área ten máis de 10.000 prazas de novo ingreso, un 12% máis que o curso pasado

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director de Recursos Humanos de Stellantis Vigo e Mangualde, Pablo Ramos, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a posta en marcha de tres programas de FP Dual no Instituto IES Politécnico de Vigo e no Centro Integrado de FP Valentín Paz Andrade. En total, ofértanse case 40 prazas nunhas ensinanzas que a día de hoxe contan cunha inserción laboral de case o 100%.


Ao acto asistiron, tamén, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; o director de Stellantis en Vigo, Ignacio Bueno; o responsable de Contratación e Formación de Stellantis en Vigo, José Manuel Cernadas; a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e os directores e dinamizadores de relación coa empresa dos centros educativos implicados.


No caso do Politécnico, poranse en marcha dous proxectos, en concreto un no ciclo
superior en Mecatrónica industrial con oferta parcial de Automatización e robótica industrial
(9 prazas) e outro no máster de FP de nova implantación en Robótica colaborativa con
oferta parcial do ciclo de grao superior de Mecatrónica industrial (14 prazas). Pola súa
banda, o CIFP Valentín Paz Andrade impartirá o máster de Mantemento e seguridade en
sistemas de vehículos híbridos e eléctricos, que se implanta o vindeiro curso por primeira
vez no centro e que contará con outras 14 prazas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS