sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasA parroquia baionesa de Baíña prepárase para celebrar Santa Mariña coas actuacións...

A parroquia baionesa de Baíña prepárase para celebrar Santa Mariña coas actuacións das orquestras Panorama e América

- A parroquia baionesa de Baíña prepárase para acoller o 7, 8 e 9 de xullo as festas de celebración en honra á súa patroa Santa Mariña. As actuacións estelares dos festexos serán as das orquestras Panaroma e América

As celebracións comenzarán o venres o “Día da Xuventude” con Full Discote Móvil e
cos DJ’S Rokiño e Juanma López.


A xornada do sábado comezará pola mañá co percorrido polos distintos lugares da
parroquia dun grupo de gaiteiros, seguido da Salva das Doce. Pola noite, gran verbena
a cargo da orquestra América e Saudade.


O domingo día 9, ás 12:00h oficiarase a Misa Maior en honra á Santa Mariña cantada
pola Coral Ecos do Castelo de Parada de Miñor, seguida da procesión acompañada
pola Banda de Música Municipal de Baiona. Pola noite, a verbena correrá a cargo da
orquestra Panorama e o Trío Azar.


O día propio da patroa, o 18 de xullo, ás 12:00h haberá Misa Maior na honra a Santa
Mariña cantada polo Coro de Homes Voces Baionesa, seguida da procesión
acompañada pola Banda de Música Unión de Guláns. Xa pola tarde, haberá concerto
da citada banda no Centro Cultural de Baíña. A noite, verbena a cargo da orquestra
Alabama.


A Comisión de Festas de Santa Mariña de Baíña quere agradecer un ano máis as
aportacións económicas da veciñanza de Baíña. Tamén agradece a colaboración da
Deputación de Pontevedra con seu programa Pontegal; a colaboración do Excmo.
Concello de Baiona e a colaboración da Comunidade de Montes en Man Común de
Baíña que permitiu a celebración do bingo social nas súas instalacións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS