sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoSae a licitación a estrada autonómica de Pazos de Borbén

Sae a licitación a estrada autonómica de Pazos de Borbén

- A actuación ten un orzamento de case 800.000 euros e prevé a reposición do firme nun treito de 11,3 quilómetros que abrangue a maior parte do trazado da estrada. As empresas teñen ata o 12 de xullo para presentar as súas ofertas

As obras de seguridade viaria na EP-2703 Pazos de Borbén-Ponteareas xa están en
licitación por case 800.000 euros (789.520€). Os traballos desenvolveranse nun treito de
11,3 quilómetros dos 14,8 que ten esta estrada, ao seu paso por ambos concellos. Nesta
actuación, financiada pola Deputación de Pontevedra, prevese abordar fundamentalmente
a reposición do firme, a fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e
de mellorar a seguridade viaria. As empresas teñen ata o 12 de xullo para presentar as
súas ofertas.


A reparación da estrada incluirá traballos de fresado e de reposición do firme, así como a
mellora da drenaxe da calzada e a execución dunha cuneta tendida nun dos tramos, amais
da instalación de sistemas de contención de vehículos (vallas de protección) para garantir a
seguridade viaria. As obras completaranse coa renovación da sinalización horizontal.


Nesta estrada tense actuado xa mellorando a mobilidade peonil e reforzo do firme noutro
tramo de máis de dous quilómetros, cun orzamento de 580.169€. Neste caso as obras
incluíron accións de limpeza, roce e demolición e mellora da drenaxe. Tamén se realizaron
movementos de terra e estruturas de contención necesarias para ampliar a sección así
como a redistribución de espazos na calzada e a execución de disipadores de velocidade.
Por último, creáronse espazos de convivencia e reinstaláronse os sinais do viario.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS