domingo, noviembre 24, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaO PPdeG propón "unha España que sexa como Galicia, con estabilidade, xestión...

O PPdeG propón «unha España que sexa como Galicia, con estabilidade, xestión e moito sentidiño»

- A número dous dos populares galegos contrapón o proxecto e a campaña do PPdeG fronte a un PSOE galego “desaparecido” e un BNG que “está intentando xustificar o seu apoio a Sánchez a cambio de nada”

Paula Prado asegura que a campaña electoral do PPdeG de cara ao 23 de xullo será en positivo e “propoñéndolle á xente unha España que sexa coma Galicia: con estabilidade, xestión e moito sentidiño”. Reivindicando que, ao igual que na campaña que deu á formación o triunfo nas eleccións municipais, o PP conta nesta ocasión cos mellores candidatos ao Congreso e o Senado.


“Auténticos números 1 como Miguel Tellado, Francisco Conde, Ana Vázquez ou Ana Pastor, que, co resto de candidatos, vanse deixar a pel e darán todo de si mesmos desde Galicia para que chegue o cambio ao Goberno de España”, engade a directora de campaña e número dous dos populares galegos.


O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, volverase implicar día a día apoiando aos candidatos nas catro provincias e nos 313 concellos. Estará nas sete cidades e tamén nas vilas, falando de “como o proxecto popular vai traer un cambio a toda España”.

Así mesmo, participará no acto central de campaña o próximo 9 de xullo na Praza de Touros de Pontevedra, que estará encabezado polo presidente do PP nacional e candidato á Presidencia do Goberno, Alberto Núñez Feijóo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS