viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsProrrogada a bonificación do 50% no transporte publico de autonómico ata xaneiro...

Prorrogada a bonificación do 50% no transporte publico de autonómico ata xaneiro do 2024

- O Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace á decisión de manter activos durante seis meses máis os descontos no transporte público que vén aplicando desde setembro de 2022

O Consello da Xunta acordou hoxe manter a bonificación adicional do 50 % no transporte
público autonómico ata xaneiro de 2024; dálle así o visto e prace á proposta de prorrogar,
durante seis meses máis, os descontos que vén aplicando desde setembro de 2022. Dese
xeito, a Xunta adopta o compromiso de seguir achegando o 20 % da bonificación total.


Esta bonificación do 50 % continuará a aplicarse no transporte interurbano de competencia
autonómica, no autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol –xa que os servizos se prestan
con concesións da Xunta– e no transporte de ría entre Vigo e os concellos de Cangas e
Moaña.

A Xunta considera que, desde a posta en marcha en setembro de 2022 dese desconto
adicional do 50 % e ata o pasado mes de maio, se bonificaron case 14 millóns de viaxes
en transporte público, unha cifra que, previsiblemente, superará os 15,5 millóns de viaxes
cando remate o mes de xuño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS