Un deles foi interceptado cando viaxaba nun vehículo, acompañado por outra persoa que foi absolta do delito contra a saúde pública que lle imputaban, cando regresaba de Ferrol, onde acudira para proverse de substancias estupefacientes que foron comisadas polos axentes. Ese mesmo día, cando abría o portal do inmoble, os axentes procederon á detención do outro condenado, ao que lle interviñeron heroína. O tribunal considerounos culpables dun delito contra a saúde pública, na modalidade de drogas que causan grave dano á saúde, coa atenuante de grave adicción ás drogas.
Dous veciños de Lugo condenados a tres anos de cárcere por trafico de droga
- A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a tres anos de cárcere e a pagar unha multa de 4.000 euros a dous veciños de Lugo por traficar con droga