viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA Xunta convoca 195 prazas de emprego público na Administración autonómica

A Xunta convoca 195 prazas de emprego público na Administración autonómica

- Rueda destaca que se trata de “148 prazas de acceso libre e 47 de promoción interna” que se publicarán no DOG “nos vindeiros días”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta vai “vai convocar 195
prazas de emprego público na Administración autonómica” que se publicarán nos vindeiros
días no Diario Oficial de Galicia tal e como se desprende do informe presentado hoxe no
Consello polo conselleiro de Facenda e Administración Pública sobre procesos selectivos.


En concreto, tal e como explicou Rueda, “a maioría das prazas, 148, serán de acceso libre
e outras 47 de promoción interna”. As prazas se distribúen da seguinte maneira: 130
prazas na escala técnica de orientación laboral (A2); 20 na escala técnica de condución
(C1); 16 prazas na escala de sistemas e tecnoloxía da información (A1); 10 na escala de
letrados (A1); sete prazas na escala de inspección turística; seis na escala superior de
orientación laboral (A1) e outras seis prazas na escala superior de estatísticos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS