O Concello traslada os seus parabéns á compositora ponteareá María Domínguez, gañadora do IV Concurso de Novos/as Compositores/as ‘Juan José Olives’ coa súa obra ‘No vértice na escuma’. A alcaldesa, Nava Castro, felicitou calorosamente á compositora por este prestixioso galardón, que “pon en valor o seu extraordinario talento e creatividade musical”. “María Domínguez é un exemplo do rico legado musical de Ponteareas, berce de
grandes compositores e compositoras que ao longo da historia levaron o nome da
nosa vila máis alá das nosas fronteiras”, subliñou a rexedora.
A peza gañadora, que será estreada na xira do Festival Ensembles 2023, parte dun
poema de Marta Dacosta e pretende recrear unha atmosfera sonora que transporte
ao público a ese lugar íntimo, misterioso e contemplativo que describe o poema.
María Domínguez naceu en Ponteareas en 1996 no sei dunha familia musical co
seu pai como referente. Cun máster artístico en Dirección sinfónica e vogal e
estudos superiores nas especialidades de Composición, Dirección e Canto ademais
do título profesional de piano, dende moi nova recibe clases de danza y música
ampliando a súa experiencia en agrupacións corais e didáctica musical con nenos e
nenas. Actualmente cursa un posgrao de Dirección en Vilnius, Lituania.