O Porriño celebrou onte o día do Porriño Orgulloso co seu primeiro certame de Drag Queen e o espectáculo de Drag Star, “Soy lo que soy”.
Nunha praza ateigada a porriñesa Charlot Bennet coronouse como Drag Queen do
Porriño Orgulloso 2023 coa súa fantasía “Yea queso”, cunha alegoría no seu vestiario a
un traxe de boda. Detrás de Charlot está Adrián Rodríguez que se impuxo pola súa
presencia sobre o escenario, a súa valentía e a forza que transmitía o seu show.
Unha vez rematado o certame deu comezo o espectáculo de Drag Star, “Soy lo que
soy”. Unha vez máis, o porriñés David Bugarín puxo en pé a praza co show.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, quixo lanzar unha mensaxe de respecto e liberdade no
día do Orgullo LGTBI+, “vivamos e amemos en liberdade e nunca, nunca, renunciemos
a ser quen somos. Oxalá pronto non teñamos que seguir reivindicando algo tan
esencial como o respecto”.