A alcaldesa de Ponteareas viuse obigada a retirar a súa proposta para os salarios logo de que a oposición en bloque os rexeitase.
Neste sentido, o BNG salienta que a alcaldesa deu marcha atrás na súa proposta de
adicacións e salarios ao comprobar que a maioría do pleno apoiaba a postura do BNG
para negociar e acordar por consenso os medios humanos e as remuneracións do
Concello.
A formación nacionalista engadiu que “somos oposición, mais con
vocación de goberno e o noso obxectivo é recuperar a confianza da maioría social en
2027 para que Ponteareas continue avanzando como o fixo dende 2015”.