jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsA terraCovelo mostra a súa riqueza ambiental ao alumnado de Moaña

Covelo mostra a súa riqueza ambiental ao alumnado de Moaña

- Escolares e profesorado subiron ata a Poza Piñeiro para logo visitar o Foxo do Lobo de Campo e visitar, xa pola tarde, o Serradoiro de Carranos

Como colofón ás expedicións e actividades realizadas ao longo do curso, o Club de Ciencias
do IES As Barxas de Moaña aterrou no Suído para coñecer a riqueza medioambiental de
Covelo da man do guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa.

Na procura de adquirir teoría a través da práctica, percorreron o Suído para avistar fauna,
achegarse ao coñecemento da flora de montaña, admirar o gando e os cabalos salvaxes e
gozar dunha paisaxe espectacular. Escolares e profesorado subiron ata a Poza Piñeiro para
logo visitar o Foxo do Lobo de Campo e visitar, xa pola tarde, o Serradoiro de Carranos. Nos camiños históricos da Serra do Suído aprenderon a identificar rastros, coñeceron as Drosera sp., que en galego chamamos Orballiña, pranta carnívora presente nas serras do xeodestino Condado-Paradanta; o patrimonio gandeiro e histórico do Suído, a importancia dos ecosistemas de turbeiras e tremedais de montaña e pararon nos principais cotos que ofrecen fermosas vistas.

Esta actividade interpretada na montaña forma parte das moitas actividades que realizan no centro converténdose en exemplo de educación ambiental, conservación e desenvolvemento rural.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, sinala que cada vez son máis as persoas de xeito
individual e en grupo que se achegan ao concello na procura dun contacto directo coa
natureza, de espazos libres de ruido e aire puro, de auga fresca e vistas espectaculares
dende os que observar toda a área metropolitana de Vigo chegando a avistar as illas Cíes
nun día despexado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS