Este sábado día 1 de xullo ás 12:00 na Casa dos Alonso inaugurase unha nova exposición
que ten como protagonista a temática mariñeira, especialmente centrada nos Faros,
acantilados e portos. A proposta que chega da man do ilustrador vigués Carlos Ramos, que
pretende facer unha ruta polos faros mais representativos do litoral galego, así como polas
paisaxes características das nosas costas e do duro traballo das xentes do mar.
Cunha técnica e estilo propio da ilustración e moi próximo ao cómic, con colores moi
definidos, trazos moi finos e moi marcados.
A exposición estará na Guarda ata o 14 de xullo no horario habitual de apertura do concello
(de 9:00h a 14:00h) de luns a venres, mais todo aquel interesado queda convidado a asistir ao acto inaugural, no que contarase coa presenza do propio artista.