domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsComarcasMáis de mil persoas visitan as piscinas municipais de Salvaterra

Máis de mil persoas visitan as piscinas municipais de Salvaterra

- As piscinas municipais de Salvaterra de Miño abriron as súas portas ó público o pasado 15 de xuño e dende entón contaron coa visita de máis de mil persoas.

«Coa chegada do verán e o bo tempo é momento de ofrecer ós nosos veciños e veciñas opcións de ocio para pequenos e maiores» din desde o Concello, polo que este ano apostouse pola ampliación do período de apertura. Así, as instalacións abrirán un mes máis e continuarán en funcionamento ata o vindeiro 15 de setembro para que todo o que queira poida desfrutar nas tardes do verán.

O horario das piscinas municipais é de martes a venres de 15:00 a 21:00h e o fin de semana, sábados e domingos, dende as 14:30 ata as 21:00h. Os luns permanecerán pechadas para o mantemento das mesmas.

Ademais o vindeiro 4 de xullo darán comezo as clases de natación en horario de mañá.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS